Comeza un novo curso no Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo -CIOV-
O Concello de Vigo creou no ano 2013 o CIOV cun dobre obxectivo: achegarlle á cidadanía a improvisación e a tradición oral galega e formar persoas que estuden a improvisación, sexan quen de improvisar e continúen con esta tradición. Asemade organiza actividades como contadas, regueifadas, rap...
Este ano, amais de nos poder achegar á narración oral e á improvisación tradicional oral en verso, ofertase unha nova disciplina: O SLAM da man de Silvia Penas.
Estas son as datas e mais os horarios para este primeiro trimestre do curso (outubro-decembro)
IMPROVISACIÓN TRADICIONAL EN VERSO
Datas: todos os mércores entre o 21 de outubro e o 23 de decembro.
Horario: de 18.00 a 20.00 h
Profesor: Josinho da Teixeira
SLAM
Datas: 15,22,29 de outubro; 5,9,16,23 e 30 de novembro; 14 e 21 de decembro
Horario: de 18.00 a 20.00 h
Profesora: Silvia Penas
IMPROVISACIÓN EN PROSA
Datas: 12,19 e 26 de novembro; 3,10 e 17 de decembro
Horario: de 18.00 a 20.00 h
Profesora: Ana Carreira
O CIOV está no Instituto Municipal de Educación (IME) no camiño do Chouzo, número 2.
Na vindeira semana abrirase o prazo para se apuntar nestas actividades. Cursos que son totalmente gratuítos e abertos a quen desexe achegarse á nosa tradición, cultura, lingua e a este xeito de sermos.
A información na páxina do SNL: snl.vigo,org e tamén no facebook Vigo En Galego