O Concello decreta tres días de loito en sinal de dó pola morte dunha muller vítima da violencia de xénero
A Corporación Municipal gardou este martes tres minutos de silencio na memoria de Silvina de Oliveira, a muller vítima da violencia machista asasinada en Vigo a pasada noite, e decretou tres días de loito oficial. O alcalde falou dun "crime execrable, rexeitable e terrible ante o que Vigo se rebela e amosa a súa rabia e rexeitamento permanente á violencia machista". Ademais, enviou unha mensaxe de aprezo á familia e puxo o Concello á súa disposición para todo o que precise. Abel Caballero manifestou que Vigo segue erguendo a bandeira da liberdade e reclamando que "recaia todo o peso da lei sobre os asasinos"