xoves, 8 out 2015
Vigo acolle dende hoxe o I Foro Internacional de Stakeholders, un encontro no que a FAO celebra o 20 aniversario do Código de Conducta para a Pesca Responsable. No acto de inauguración, no que estivo presente a Ministra de Agricultura e a Conselleira do Mar, o rexedor destacou a importancia de que o evento se desenvolva na cidade que se "reivindica e case supera a si mesma" como capital mundial da pesca.
xoves, 8 out 2015
Abel Caballero deu conta esta mañá das obras de recuperación que se están a acometer na bóveda da porta oeste da muralla do Castro. Deste xeito, o goberno local continúa coa recuperación do patrimonio histórico no Castro.
xoves, 8 out 2015
A II Conferencia Internacional de Enerxías Offshore organizada pola Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia, ASIME, reuniu no Club Financeiro de Vigo ás principais empresas, organismos e institucións da industria a nivel europeo. No acto de apertura, o rexedor vigués destacou o traballo do sector da enerxía eólica pola súa "capacidade para transmitir tecnoloxía limpa, unha forma de xerar valor engadido e crear emprego e actividade económica".
xoves, 8 out 2015
O rexedor participou este xoves pola mañá na presentación do autobús ambiental de Iberdrola e dun vehículo eléctrico cos que a empresa amosa o seu compromiso co transporte sostible e a súa política medioambiental e de xeración de enerxías limpas. Abel Caballero declarou que Iberdrola "ten no Concello de Vigo un cooperador necesario" neste labor de promoción das enerxías renovables, apuntando que para o goberno local esta é tamén unha prioridade; razón pola que, dende hai cinco anos, o coche do alcalde é un eléctrico.
xoves, 8 out 2015
A Concellaría de Normalización Lingüística e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan 3 "Paseos polo Vigo literario" os días 17 e 24 de outurbo e o 7 de novembro. A inscrición comezará o día 10 de outubro.
xoves, 8 out 2015
Na data 22 de xullo de 2015 a vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo (XMU) resolveu aprobar a convocatoria de axudas ás persoas propietarias que carezan de recursos suficientes para a realización da ITE, correspondente ao ano 2015, dos inmobles construídos no ano 1984 no termo municipal de Vigo.