O Concello apoia o labor de Iberdrola na promoción das enerxías limpas
O rexedor participou este xoves pola mañá na presentación do autobús ambiental de Iberdrola e dun vehículo eléctrico cos que a empresa amosa o seu compromiso co transporte sostible e a súa política medioambiental e de xeración de enerxías limpas. Abel Caballero declarou que Iberdrola "ten no Concello de Vigo un cooperador necesario" neste labor de promoción das enerxías renovables, apuntando que para o goberno local esta é tamén unha prioridade; razón pola que, dende hai cinco anos, o coche do alcalde é un eléctrico.