Abel Caballero celebra o éxito da décimo sétima edición de Conxemar
A Feira Internacional de Productos do Mar Conxelados desenvolveuse ao longo de tres xornadas no Recinto Feiral de Vigo congregando a 500 expositores de 40 países. O rexedor puxo en valor esta nova edición da mostra e volveu demandar a súa ampliación porque o espazo "quedou pequeno". Amais, asegurou que Vigo seguirá sendo a capital da pesca no mundo coa celebración mañá xoves e o venres do Congreso da FAO e do I Encontro Internacional de Stakeholders.
A XVII edición da Feira Internacional de Productos do Mar Conxelados pecha as súas portas este mércores no IFEVI logo de tres xornadas de encontro na que participaron 500 expositores de 40 países de todo o mundo. O alcalde visitou o recinto, acompañado do secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, e falou da "boa marcha de Conxemar, que bate marcas" co apoio continuado por parte do Concello.
Ademais, o rexedor demandou a "ampliación imprescindible do IFEVI porque é a garantía da existencia dun grande ámbito mostral en toda Galicia" para exhibir a capacidade da economía, que xa quedou pequeno. Asegurou que o Concello, como parte do IFEVI, está disposto ao aumento da súa superficie pero a decisión compete á Xunta de Galicia polo que anunciou que lle enviará unha carta ao Presidente Feijóo solicitándolle que se constrúa unha nova nave.
Abel Caballero adiantou tamén a importancia da celebración dende mañá xoves e ata o venres do I Encontro Internacional de Stakeholders e o Congreso co que a FAO celebra o 20 aniversario da aprobación do Código de Conducta para a Pesca Responsable que, segundo apuntou, vai ser un evento destacado co que Vigo seguirá sendo a capital da pesca no mundo.
Descargar todas as imaxes