mércores, 24 xul 2013
No marco do Plan Municipal de Emprego deste ano, o alcalde, Abel Caballero, asinou este mércores sendos convenios coas asociacións de comerciantes da rúa Príncipe, VigoVello e Zona Centro. O apoio do Concello, 200.000 euros en total, permitirá a creación de 28 postos de traballo.
mércores, 24 xul 2013
Abel Caballero mantivo este mércores unha reunión co Comité de Empresa de POVISA, traballadores que manteñen un "conflicto colectivo" coa dirección onde "non temos competencias". O alcalde escoitou os seus planteamentos e demandou á Xunta de Galicia a sinatura do convenio co Policlínico.
luns, 22 xul 2013
O rexedor aboga porque o Goberno se implique na defensa do naval "aproximándose a inversores e estructurais" para que sigan a apoiar ao sector. Tamén se inclinou por non descartar a posibilidade de recurrir a decisión da comisión da UE.
xoves, 18 xul 2013
O alcalde e a tentente de alcalde, Carmela Silva, visitaron hoxe xoves unha empresa da industria da automoción "exemplo de actividade diversificada" que está a ampliar a súa acción dentro e fora de España. A viguesa Izmar, situada no polígono de Valadares, adicase á construcción industrial, ás solucións loxísticas, á loxística sanitaria é ás instalacións deportivas, con 100 postos de traballo directo e outros 150 indirectos.
martes, 16 xul 2013
Abel Caballero e a presidenta de Érguete, María del Carmen Avendaño, asinaron esta mañá un convenio para facilitar a contratación de 37 persoas no marco do Plan Municipal de Emprego. Cun importe de 307.715,25 euros, o acordo esténdese desde o 1 de abril ata o 31 de decembro.
venres, 12 xul 2013
O alcalde de Vigo mantivo hoxe venres un encontro cos organizadores do próximo Congreso europeo de Mecánica de Rocas, que chegará a Vigo en maio do ano próximo. O Concello cooperará cos promotores deste evento, vencellados á facultade de Minas da Universidade de Vigo. O último congreso internacinal do sector organizouse en Pekín e o ano que vén será Vigo a que reciba aos máis de 300 participantes que espara a organización.
venres, 12 xul 2013
A Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (Apec) valora "en sobremanera " que o Supremo validara do PXOM de Vigo. Así o enfatizou Caballero logo de manter unha reunión de traballo con responsables deste colectivo na que se prantexaron posibles vías de cooperación entre ambas entidades.
venres, 12 xul 2013
A Xunta Local de Goberno aprobou hoxe venres tres convenios de colaboración con asociacións de comerciantes dentro do marco do Plan de Emprego 2013. O alcalde cifrou en máis de 4 millóns de euros a partida municipal para emprego e reiterou que Vigo é a única cidade de España cun plan destas características.
xoves, 11 xul 2013
Abel Caballero instou á delegación española que hoxe xoves se reúne co comisario europeo Joaquín Almunia, a manter mañá un encontro con Durao Barroso. Confirmou que ao apoio do Congreso, do Senado, do Parlamento Galego e do propio Concello, súmase o do presidente do Consello Económico e Social europeo o que, nas súas palabras significa que "empezamos a ter aliados en Europa".
mércores, 10 xul 2013
Abel Caballero reiterou hoxe mércores a importancia de participar na manifestación en defensa do naval convocada mañá xoves polas centrais sindicais e co apoio explícito do Consello Social da cidade. Así o destacou logo dun encontro con colectivos do sector turístico e hosteleiro de Vigo aos que, acompañado por responsables sindicais, trasladou a difícil situación que está a atravesar o sector.