Escoitar

O goberno local achega 49.000 euros a VigoVello para potenciar o comercio con 8 novos profesionais

O alcalde de Vigo rubricou este martes o acordo coa Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Vigovello para potenciar o comercio na zona histórica viguesa coa contratación de 8 profesionais, con cargo ao plan de emprego do Concello. Caballero recordou que o goberno de Vigo adica 5,4 millons ao fomento do emprego na cidade.

martes, 23 set 2014
1411473868vigovello.JPG
A Asociación poderá empregar a oito profesionais para a dinamización comercial do casco vello vigués grazas ao convenio asinado hoxe co goberno local, que achega 49.200 euros ao efecto.

Ante os medios, Abel Caballero explicou que este acordo forma parte das accións para o fomento do emprego, que este ano conta cunha partida económica de 5,4 millóns de euros. O primeiro edil recordou que esta cantidade case que duplica á reservada hai tres anos para emprego, que ascendía a 2,6 millóns.

Bouzas
O rexedor vigués rubricou tamén este martes outro convenio de colaboración coa Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas, por importe de 16.000 euros, para colaborar na realización de actividades de difusión e coñecemento da cultura mariñeira. Esta entidade encárgase da conservación e mantemento de cinco embarcacións tradicionais de propiedade municipal.
1411473868vigovello.JPG
1411473879bouzas.JPG
Descargar todas as imaxes