Escoitar

Caballero tralada á Xunta a necesidade de fixar una achega máxima de Vigo no convenio sobre o transporte metropolitano

O alcalde de Vigo reiterou hoxe a súa disposición a aceptar que Vigo aporte 160.000 euros anuais ao transporte metropolitano sempre que esta cantidade figure como tope no convenio. Así llo trasladará por escrito á conselleira de Medio Ambiente e Infraestructuras, Ethel Vázquez coa que mantivo onte un encontro na Alcaldía para falar deste asunto.

martes, 23 set 2014
O alcalde de Vigo avanzou hoxe que o Concello de Vigo está disposto a aceptar a cifra estimativa de 260.000 euros que a Xunta fixa como aportación municipal ao transporte metropolitano sempre que esta cantidade figure como tope no convenio. Tal e como reiterou, o alcalde, "por resposabilidade", non vai asumir o prantexamento da Xunta "que quere que lle asinemos un cheque en branco". Indicou que a Xunta non quere aceptar ningún tope o que suporía "ilimitar a factura que podería ser moito máis alta e, se eu asino ese convenio, estaríamos obrigados a pagar". O alcalde ratificou a súa vontade de aceptar os 260.000 euros que fixa o borrador de convenio que onte lle entregou a conselleira de Medio Ambiente e Infraestructuras e que ten unha validez de dez anos.