Escoitar

O alcalde propón á Xunta fixar unha achega máxima municipal ao transporte metropolitano

Abel Caballero mantivo este luns unha reunión coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na que abordaron un borrador de convenio presentado pola Xunta para a implantación do transporte metropolitano na área viguesa. O alcalde reclama que o texto inclúa un tope de aportación do Concello de Vigo, xa que asinar un acordo "sen saber a canto nos comprometemos sería unha irresponsabilidade".

luns, 22 set 2014
1411405910transpmetropolitano.JPG
O alcalde e a conselleira celebraron unha reunión esta mañá na Alcaldía de Vigo na que a representante autonómica entregou ao primeiro edil un borrador de convenio para a implantación do transporte metropolitano na área viguesa. Caballero censurou que o texto non recolla a aportación viguesa e reclamou que o documento fixe un máximo de aportación municipal, que podería rondar os 250.000 euros, para asinar "xa" o acordo.

"Estariamos encantados de asinar o convenio", asegurou o primeiro edil, pero "sabendo a que nos comprometemos", xa que o contrario sería "unha irresponsabilidade". Caballero explicou que rubricar un acordo que non reflicta unha cantidade sería outorgar un "cheque en branco" e reiterou que "estariamos dispostos a asinar o convenio incluindo unha achega máxima do Concello".
Descargar todas as imaxes