xoves, 25 set 2014
Abel Caballero entrevistouse hoxe xoves co presidente da urbe mexicana, Ismael Pérez, de visita en Vigo á fronte dunha delegación institucional e empresarial. O alcalde anunciou que a mediados de novembro serán os vigueses os que acudan a Celaya para continuar afondando nas relacións empresarias e industriais de ambas cidades.
xoves, 25 set 2014
O alcalde de Vigo participou na I Congreso Internacional SOS-VICS que hoxe e mañá se celebra na Universidade de Vigo. Durante a súa intervención, Caballero sumouse ás voces que reclaman garantir por lei que as víctimas de violencia de xénero conten con intérpretes en todas as fases do proceso de asistencia.
xoves, 25 set 2014
Caballero fixo hoxe xoves balance das iniciativas municipais da Semana Europea da Mobilidade, con 3.300 usuarios nas liñas gratuítas N1 e N2 durante o pasado fin de semana. O número de viaxeiros nos "búhos" incrementouse nun 15% respecto dun fin de semana normal.