Escoitar

O alcalde encabezará á delegación viguesa na súa viaxe á cidade mexicana de Celaya en novembro

Abel Caballero entrevistouse hoxe xoves co presidente da urbe mexicana, Ismael Pérez, de visita en Vigo á fronte dunha delegación institucional e empresarial. O alcalde anunciou que a mediados de novembro serán os vigueses os que acudan a Celaya para continuar afondando nas relacións empresarias e industriais de ambas cidades.

xoves, 25 set 2014
1411646835celaya.JPG
Abel Caballero explicou que o irmandamento responde ás "sinerxias" existentes entre as cidades, ambas cunha forte presencia da industria da automoción, entre outras. O alcalde encabezará á delegación viguesa a mediados de novembro na súa viaxe a Celaya, acompañado dun "número significativo" de empresarios vigueses.

Tanto Abel Caballero como Ismael Pérez salientaron que as relacións bilaterais están a xerar "enorme interese" entre o sector empresarial, xa que hai "moito en común" e "pouca competencia" entre Vigo e Celaya.
Descargar todas as imaxes