O Concello formou este ano a 276 axentes da Policía Local en reanimación cardio pulmonar
Abel Caballero visitou este mércores un dos cursos que imparte o Concello de Vigo aos axentes en técnicas de RCP e Soporte Vital Básico, unha formación que se extenderá a todos os efectivos policiais, segundo indicou o rexedor.
Para Caballero, esta formación presenta "o maior interese", polo que todos os axentes da Policía Local de Vigo adquirirán capacitacións técnicas para situacións de emerxencia. Este proxecto inclúe ademais a formación en centros educativos, nas sedes de Xuventude e os cursos ofrecidos ao público ao longo deste verán na praia de Samil.
Descargar todas as imaxes