Escoitar

O Concello concedeu no que vai de ano 465.000 euros en axudas de emerxencia social

O rexedor deu conta hoxe martes da concesión de 2.300 axudas de emerxencia social no que vai de ano, cun montante que ascende aos 465.000 euros. Nesta mesma semana, o goberno local adxudicou achegas por preto de 18.000 euros.

martes, 23 set 2014
1411473995alcalde2.jpg
O goberno local concedeu na última semana preto de 18.000 euros en 41 axudas de emerxencia social (14 tarxetas da dignidade, 22 axudas de aluguer, 2 de asistencia sanitaria, 1 axuda de hipoteca e 2 enerxéticas) unha cifra que se eleva a 2.300 achegas se nos referimos as axudas concedidas no que vai de exercicio 2014, cando o montante ascende a 465.000 euros. Tal e como explicou o rexedor, o pasado mes de agosto a partida orzamentaria para axudas de emerxencia social foi incrementada en 100.000 euros ao agotarse a cantidade recollida nos orzamentos.

En paralelo, referiuse do Programa Municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministro e alimentación, dotado con 2 millóns de euros, o rexedor explicou que "se están a cumprir escrupolosamente os prazos" e nestes momentos estase a punto de fallar a adxudicación, en tempo e forma, tal e como establecen as bases que se aprobaron o 30 de maio na Xunta de Goberno Local. Tal e como detallou, este documento publicouse no BOP o 16 de xuño e o 14 de xullo rematou o periodo de presentación de solicitudes. O 14 de setembro rematou o prazo para a resolución, pero os demandantes teñen dez días para completar a documentación polo que non se pode resolver o expediente. En todo caso, o rexedor explicou que habría menos demanda para este tipo de achegas se a Xunta resolvera en tempo a Risga, se se ampliara o Programa Aluga, se se ordeara o fin do copago, se se atendera aos dependentes, se se dera cobertura aos parados sen prestación económica ou se non se recortara en 250.000 euros as bolsas de comedor e de libros.

Urbanismo
En declaracións aos medios, o rexedor deu conta dunha nova sentenza do Tribunal Supremo (sala contencioso-administrativo, sección quinta) que desestima un recurso de casación contra o Plan Xeral de Vigo, relativo ao ámbito do PERI de Pazos. Este recurso se interpuxo contra a sentenza do TSXG de 20 de outubro de 2011, tamén favorable aos intereses do Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes