Escoitar

Caballero respalda a necesidade de garantir intérpretes para as víctimas de violencia de xénero estranxeiras

O alcalde de Vigo participou na I Congreso Internacional SOS-VICS que hoxe e mañá se celebra na Universidade de Vigo. Durante a súa intervención, Caballero sumouse ás voces que reclaman garantir por lei que as víctimas de violencia de xénero conten con intérpretes en todas as fases do proceso de asistencia.

xoves, 25 set 2014
1411646806congreso.JPG
Unha vez máis, o Concello de Vigo volveu dar conta do seu apoio as vítimas de violencia de xénero, neste caso, cooperando co I Congreso Internacional SOS-VICS que se organiza na Universidade de Vigo hoxe e mañá. Diante dunhas 300 persoas, Caballero respaldou a necesidade de garantir intérpretes para as vítimas de violencia de xénero estranxeiras que "se atopan na dramática situación de non poder contar o que lles pasa".

Ao longo do congreso, presentaránse as conclusións do proxecto de investigación "Speak out for support" (SOS-VICS) no que participaron nove universidades españolas. Os responsables da iniciativa demandan a aplicación en España da Directiva europea que establece normas mínimas sobre os dereitos, o apoio e a protección das vítimas de delictos.

Pola súa banda, o rexedor lembrou a cooperación que se está facendo con este colectivo desde o Concello, en referencia ao Centro de emerxencias que desde Vigo atende a todas as vítimas galegas, as achegas á Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos, aos pisos de acollida ou a participación na mesa de coordinación con juíces, sicólogos e Policía.
Descargar todas as imaxes