venres, 24 mai 2013
Abel Caballero amosou este venres a súa "gran satisfacción" polas contratacións realizadas pola factoría de Balaídos para reforzar o seu turno de noite, e recordou que o Concello de Vigo e PSA asinaron este ano un convenio de colaboración que permitiu a contratación de 55 persoas, dentro do Plan de Emprego municipal.
luns, 20 mai 2013
Segundo informou este luns o alcalde, o goberno local aprobou as bases e a convocatoria do Programa de Axudas Municipais á Creación de Empresas, un total de 50.000 euros para subvencionar -cun máximo de 2.500 euros por empresa- parte dos gastos da posta en marcha e funcionamento dunha compañía.
luns, 8 abr 2013
Na última sesión da Xunta de Goberno Local, e como parte do Plan Municipal de Emprego, o alcalde de Vigo deu conta hoxe luns da aprobación dun total de 42.000 euros para "axudas municipais á creación de empresas". Caballero estimou en 3.800 os empregos creados pola acción do Concello o pasado ano.
xoves, 4 abr 2013
42 alumnos do programa "Imos Traballar 2" veñen de recoller os seus diplomas logo dun periodo formativo remunerado que lles permitirá mellorar as súas perspectivas laborais. Cun orzamento de 1,7 millóns de euros, o obxectivo desta iniciativa é promover a inserción laboral dos colectivos máis desfavorecidos.
venres, 22 mar 2013
Entidades sen ánimo de lucro de Vigo poderán acceder a subvencións para o fomento de emprego, unha iniciativa á que o Concello adica preto de 1,5 millóns de euros. Ese foi un dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno local deste venres, na que tamén se adxudicou a contratación do servizo de mantemento e reparación dos contedores soterrados, por un importe de 101.757,03 euros.
luns, 11 mar 2013
Un total de 38 vigueses participan no programa Vigo Atende, unha iniciativa de creación de emprego a través de cursos de formación. Cun orzamento de 380.000 euros, os beneficiarios asisten durante seis meses a obradoiros remunerados con tres posibilidades formativas: cociña, restaurante e bar e asistencia domiciliaria.
venres, 8 mar 2013
210 persoas traballarán este ano durante seis meses ao amparo do programa de emprego municipal Vigo Emprega. Así o explicou o alcalde hoxe venres, logo da Xunta de Goberno local na que se aprobaron as bases deste plan, dotado cun 1,5 millóns de euros, para atender a persoas con especiais dificultades de inserción laboral.
xoves, 7 mar 2013
O alcalde mantivo este mércores unha reunión coa Federación de Autónomos de Galicia, entidade que estuda Vigo como sede dunha feira no mes de abril do próximo ano, posiblemente a celebrarse cada ano. Abel Caballero indicou que hai "moitas posibilidades" de que se celebre na cidade.
xoves, 28 feb 2013
O alcalde fixou como obxectivo "superar" os 3.600 postos de traballo creados no 2012, entre directos e indirectos, pola acción do Concello, para o que as contas deste ano reservan 5,5 millóns de euros para Emprego, ademais dos investimentos. Caballero participou hoxe xoves na entrega de diplomas do "Vigo Laborando"