Lenny Kravitz presentará o xoves no IFEVI un espectáculo de 300.000 watios de luz e 120.000 watios de son

mércores, 28 mai 2008

"Unha nova era comeza mañá na cidade co gran espectáculo que ofrecerá Lenny Kravitz no Instituto Feiral de Vigo", salientou este xoves o tenente de alcalde, Santi Domínguez, na presentación do concerto do artista estadounidense, na que tamén participaron o representante da promotora que trae a Vigo a Lenny Kravitz e o xerente do Ifevi, Arsenio Iglesias. Na montaxe do concerto, que comezará mañá ás 22 horas, participan arredor de 130 persoas, e conta cunhas cifras técnicas que fan del "un gran espectáculo": 300.000 watios de luz, 120.000 watios de son, un escenario de 18x14 metros con alas para colocar monitores de 4x4 metros, e cañóns de 8 metros de altura. Todo o material suma un total de 18 toneladas, que é transportado en 6 trailers de 16,5 metros e unha autocaravana de 14 metros para o grupo.

A programación municipal de teatro para adultos continúa este xoves e venres coa obra "Por diante e por detrás"

mércores, 28 mai 2008

A obra "Por diante e por detrás" é a representación elixida para continuar este xoves e venres a programación estable de teatro para adultos posta en marcha pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural para o primeiro semestre do 2008. A representación terá lugar os días 29 e 30 maio, ás 21 horas. a cargo da compañía Máscara Procuccións.

O ciclo Xeración 2000+8 celebrarase do 31 de maio ao 13 de xuño no Verbum e no Conservatorio Superior de Música

martes, 27 mai 2008

O museo Verbum- Casa das Palabras e o auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música son os dous escenarios elixidos para celebrar os concertos da oitava edición do Ciclo Xeración 2000+8, segundo salientou este martes o concelleiro de Cultura, o Xesus López. "É un ciclo de música que naceu coa idea de potenciar os xoves valores da música", subliñou o edil na presentación do evento, quen estivo acompañado polo director do Conservatorio Superior de Música de Vigo, Roberto Relova.

O Auditorio Municipal acolle o sábado a obra "Un avó especial" dentro da programación de teatro infantil <br />

venres, 23 mai 2008

A obra "Un avó especial", de Migallas teatro, é a montaxe elixida para continuar o sábado, 1 de marzo, coa programación estable de teatro para este ano 2008, organizada pola Concellería de Cultura, que dirixe Xesus López. Neste caso, trátase dunha representación dirixida ao público infantil que aborda o tema da enfermidade do Alzheimer, que terá lugar no Auditorio Municipal ás 18 horas.

A cuarta edición da Batalla de Flores celebrarase o vindeiro domingo dende a rúa Venezuela á praza de América

xoves, 22 mai 2008

A Batalla de Flores, recuperada no 2005 despois de que durante anos desaparecera do calendario festivo de Vigo, celebrarase o vindeiro domingo, día 31 de maio, segundo anunciou o concelleiro de Cultura, Xesus López. Na presentación da festa o edil sinalou que nesta edición, a cuarta dende a súa recuperación, variará o seu percorrido por mor das obras de construcción do aparcamento de Policarpo Sanz. Así, partirá ás 19 horas da rúa Venezuela e percorrerá Camelias e Álvaro Cunqueiro, para rematar na praza de América.<br />

"5 creadores dos 70" amosan o seu traballo na Casa das Artes

mércores, 21 mai 2008

A Casa das Artes inaugura o xoves a exposición "5 creadores dos 70" [ Caruncho, García Zabarte, Masiá, Vázquez Alemán, Vidal Souto ]. Tras dous anos de expor as súas obras por España e Europa, dánse cita na cidade olívica, ofrecéndonos un recital de poesía visual con 117 obras enriquecedoras da nosa cultura.