Escoitar

Obradoiros de fotografía no Verbum sobre a figura de Eduardo Blanco Amor<br />

O museo Verbum – Casa das Palabras proponvos para as mañás dos domingos do mes de febreiro uns obradoiros didácticos orientados a nenos/as a partir dos 4 anos e como complemento da exposición temporal "Eduardo Blanco Amor. A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973" onde se plasma a súa obra gráfica como fotógrafo.<br />

venres, 30 xan 2009
1233323589camaraoscuragrande.jpg
Cámara oscura grande
Eduardo Blanco Amor é un dos autores máis importantes da nosa literatura galega do século XX. Autor polifacético, destacou como escritor, xornalista, poeta, pero tamén como fotógrafo; faceta que queremos potenciar con estes obradoiros e conseguir que os máis pequenos coñezan a vida e obra do autor, entendan o proceso fotográfico negativo- positivo, introducilos nas técnicas do retrato e darlles a coñecer as antigas cámaras fotográficas.

DOMINGO 1: "Creación de poegramas". Introdución á vida e obra de Eduardo Blanco Amor e a súa relación coa fotografía. Creación de poegramas a partires dun poema ou texto do autor máis a pegada da man na emulsión fotosensible.

DOMINGO 8: "Creación e ilustración dun poema do autor empregando técnicas fotográficas". Cada rapaz, a partir dun fragmento dunha obra do autor, escribirá nunha cartolina unha palabra da obra e debuxo explicativo que transformaremos en fotogramas. Ao final, cada quen lerá a súa palabra (coas distintas tipografías) ata conformar o conxunto do texto.

DOMINGO 15: "Ilustración de poemas de Blanco Amor mediante debuxos creados con diferentes materiais". Sortearanse poemas que os nenos deberán ilustrar e representar sobre o papel utilizando distintos materiais.

DOMINGO 22: "Autorretratos / Retratos": realización de autorretratos ou retratos e
revelado dos mesmos empregando diferentes tipos de cámara escura. Os nenos obterán unha imaxe negativa que pasaremos a positivo e que lles enviaremos por enderezo electrónico.


DE 12.00 A 13.30 HORAS. O DOMINGO 22 O HORARIO AMPLÍASE ATA AS 14.00 HORAS.
PARA NENOS/AS A PARTIR DOS 4 ANOS
1 € POR ASISTENTE
AFORO LIMITADO A 50 NENOS/AS. ENTRADA POR RIGOROSA ORDE DE CHEGADA

Descargar todas as imaxes