Escoitar

Urbanismo adxudica o deseño de 4 ámbitos con 1.400 vivendas protexidas<br />

A Xerencia de Urbanismo deste xoves aprobou a adxudicación da topografía e a información parcelaria dos ámbitos de Santa Cristina, Fontes-Pertegueiras, Troncal e Pontenova, onde se edificarán 1.436 vivendas de protección, dun total de 3.996, indicou o alcalde. Abel Caballero estimou o custo dos traballos en 60.000 euros aproximadamente. <br />

xoves, 29 xan 2009
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves que a Xerencia de Urbanismo acordou adxudicar o deseño de catro ámbitos da cidade que contempla a construción dun total de 1.436 vivendas protexidas.

Os traballos adxudicados hoxe xoves por Urbanismo da topografía e información parcelaria dos ámbitos de Santa Cristina, Fontes-Pertegueiras, Troncal e Pontenova custarán ao redor de 60.000 euros, segundo indicou Abel Caballero. O total de vivendas que se erixirán nos catro ámbitos ascende a 3.996, das que 1.436 serán protexidas.

Aos catro ámbitos adxudicados hoxe haberá que sumar outros catro que se validarán "de inmediato", en próximas reunións da Xerencia de Urbanismo, que inclúen outras 1.767 vivendas de protección. En total sumarán 3.203 vivendas protexidas, o que representa "o 70% do volume de construcción de Navia". O alcalde destacou que o procedemento administrativo para levar adiante 25.000 vivendas de promoción pública "continúa a súa marcha a gran velocidade".

Oficina de Vivenda
Abel Caballero salientou asemade que a Oficina Municipal de Vivenda, ubicada no edificio da Xerencia de Urbanismo, na Praza do Rei, está "certamente ben dotada de personal e funcionando".

A oficina conta cun arquitecto responsable, con dúas arquitectas, un avogado, unha socióloga, un delineante e un auxiliar administrativo.