O alcalde e vicepresidencia priorizan o albergue e negociarán en marzo a súa ubicación definitiva
O alcalde, Abel Caballero, e o delegado provincial de Vicepresidencia, Francisco Xavier Verea Argibay, acordaron hoxe mércores a urxencia da apertura dun albergue en Vigo, e ambos se mostraron dispostos a estudar novas ubicacións que presente o Concello a Vicepresidencia en marzo, unha vez se presente o proxecto de Moneo para a Praza do Rei. Mentres, Urbanismo concede mañá a licenza para a reforma da Gota de Leite.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado provincial de Vicepresidencia, Francisco Xavier Verea Argibay, mantiveron hoxe mércores unha reunión na que ambos se mostraron de acordo en priorizar a apertura dun albergue en Vigo.
Tanto Abel Caballero como Verea Argibay acordaron asemade compatibilizar os proxectos que presente o Concello de Vigo para o edificio da Gota de Leite coa urxencia dun Centro de Inclusión Social na cidade. A este respecto, o alcalde adiantou que mañá xoves Urbanismo concederá a licenza de obra para a reforma do edificio.
O rexedor local xa indicara con anterioridade a súa vontade de contar coa Gota de Leite como sede administrativa do Concello de Vigo, o que ten solicitado por escrito ao Vicepresidente, pola súa proximidade cos edificios municipais da Praza do Rei, facilitando así aos cidadáns a realización dos seus trámites. A proposta do alcalde é que o actual albergue provisional en Beiramar sexa a sede definitiva, que podería estar habitado "mañá mesmo", explicou, "pois non precisa de ningunha reforma".
Abel Caballero adiantou que non será ata marzo, despois dos comicios autonómicos e por motivos electorais, cando se presente o proxecto deseñado por Rafael Moneo para a reordenación da Praza do Rei. Será entón cando o Concello presente a Vicepresidencia da Xunta de Galicia o seu plantexamento técnico para a Gota de Leite. O alcalde agarda que se poidan solucionar tanto o albergue como as necesidades administrativas municipais "de forma satisfactoria".
Descargar todas as imaxes