Escoitar

As novas rúas humanizadas contarán con luminarias que alertan aos condutores dos pasos de peóns<br />

Tráfico instalará nas 24 rúas que se humanizarán neste 2009 novas luminarias deseñadas específicamente para advirtir aos condutores da presencia dun paso de peóns e aumentar a seguridade dos cidadáns. Dunha altura de entre 4 e 6 metros, a luminaria presenta un tono lumínico diferente aos puntos de luz restantes e unha led intermitente na cúpula.

martes, 27 xan 2009
1233062886farola.jpg
O departamento municipal de Mobilidade, Transporte e Seguridade instalará luminarias deseñadas específicamente para advertir da presencia dun paso de peóns aos condutores en todas as rúas a humanizar neste ano 2009.

Os novos sistemas a instalar -incluídos nos pregos de condicións das 24 rúas que humanizará o Concello por valor de 33,5 millóns de euros, con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local- terán unha altura entre os 4 e os 6 metros, e contarán con dous puntos de luz: unha led intermitente na parte superior da cúpula e outro bloque óptico tradicional, que iluminará o paso de peóns cun tono distinto ao resto da rúa.

O obxectivo do departamento que dirixe o socialista Xulio Calviño é "facer máis perceptible aos condutores os pasos de peóns, mellorar a seguridade dos viandantes e reducir o número de atropelos en Vigo". Tal e como indicou o propio Calviño, a intención do Concello é "estender este modelo ao resto da cidade".

Os farois están preparados para o emprego de lámpadas de sodio alta presión de ata 250W, cun aro de suxeción e soporte coñecido pola súa resistencia aos axentes atmosféricos e a súa fortaleza mecánica.
Descargar todas as imaxes