Servizos Xerais e Vías e Obras efectuaron a pasada semana máis de 40 melloras en 15 barrios da cidade
O departamento municipal de Servizos Xerais e Vías e Obras do Concello de Vigo, que dirixe Isaura Abelairas, efectuou a pasada semana máis de 40 actuacións nunha quincena de barrios da cidade.Estes traballos de mellora, que se están a prolongar na semana actual, atenderon principalmente á reparación e instalación de puntos de luz, así como á mellora das beirarrúas e do asfaltado. Isaura Abelairas manifestou que as actuacións maioritarias nos barrios e parroquias da cidade responden ao "compromiso adquirido polo goberno local con todos os cidadáns de Vigo, independentemente de onde vivan".
O servizo de Electromecánicos reparou a pasada semana puntos de luz no Parque Forestal de Beade, diversas avarías en Comesaña e efectuou traballos de mantemento na Fonte Salgueira, en Sárdoma. En Navia se conectaron proxectores no Parque Infantil da Alameda, se substituíu unha caixa do centro de mando na rúa San Paio e se reparou unha avaría no rotonda do segundo cinto.
En Saiáns se substituíron elementos lumínicos en mal estado no Camiño Cal do Outeiro, así como a reposición dunha liña roubada no mesmo vial. En Teis, pola súa banda, Electromecánicos cambiou luminarias en mal estado na rúa Hortensia, ademais de reparar diversos desperfectos no Camiño do Poulo. Igualmente se actuou no Freixeiro e en Lavadores.
Vías e Obras desenvolveu a pasada semana traballos en Valadares (limpezas para asfaltar os camiños do Cañizo e Seixos, entre outras), en Coruxo (instalación dunha varanda na Carrasqueira), en Candeán (colocación dunha tubería para augas pluviais) e en Cabral (onde se habilitou unha varanda para os accesos ao grupo escolar Carballal), además de melloras en Bembrive e en Castrelos.
Bacheos e beirarrúas
As brigadas de acondicionamento e mantemento de viais e infraestruturas publicas están a mellorar as beirarrúas e o asfaltadou doutras 15 rúas. Durante a pasada semana e a actual, este servizo está a reparar as beirarrúas do Príncipe, Cronista Espinosa, Canido, López de Neira, a Praza da Independencia, Aragón, Marqués de Alcedo, Pateira, Levante, Ramón Nieto, Oporto, Montero Ríos e a Praza da Estrela.
Ademais as brigadas están a bachear no Caleixón dos Caños, en Rosalía de Castro, no Canadelo Baixo e nas rúas Asturias, Extremadura, Monforte e Ecuador.
Descargar todas as imaxes