Escoitar

Iván Pozo entregou ao concelleiro de Deportes o cinto de campión de Europa do peso mosca

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu hoxe o cinto de campión de Europa de peso mosca , versión EBU (Unión Europea de Boxeo), conseguido polo vigués Iván Pozo o pasado día 16 de xaneiro nas Travesas. No seu despacho da Concellería de Deportes, o edil departiu con Pozo durante uns minutos. Alonso felicitouno polo título conquistado fronte ao francés Christophe Rodrigues.

venres, 30 xan 2009
1233322766ivanpozo.jpg
O boxeador local, de novo campión continental (perdera o título en 2006), explicou ao concelleiro o dura e difícil que fora a preparación para o combate co Nadal polo medio e fíxolle entrega do cinto "porque é para Vigo", dixo. O Concello entregoulle un magnífico libro no que se explica a realidade viguesa mediante imaxes. Xunto a Pozo acudiron á recepción o seu preparador, Paco Amoedo, e un dos organizadores do combate, Mario Di Giosia. Na conversa saíu que o campión xa está totalmente recuperado do corte na cella e dos outros golpes recibidos durante a pelexa e que agora se atopa nun periodo de recuperación. O seguinte paso do campión é o desquite tamén ante Rodrigues, cuxa poxa está prevista para o 16 de febreiro.

O concelleiro desexou "sorte" ao púxil para que a súa traxectoria siga sendo tan óptima, declarou estar "encantado" co traballo de Iván e, sobre o seguinte combate, deixou "unha porta aberta" para que con diálogo "entre todas as administracións e tamén os organizadores" búsquense puntos de encontro .

Descargar todas as imaxes