Vigo promocionará en Fitur o súa oferta de turismo urbano e náutico e o Bicentenario da Reconquista
Vigo presentará o sábado no marco da Feria Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) a súa oferta baseada no turismo urbano e de ría. O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, adiantou que a cidade dará a coñecer o seu Plan de Competitividade Turística, baseado no turismo urbano e de ría e tamén dará a coñecer o seu programa de eventos culturais e deportivos para este ano.
Vigo estará presente en Fitur dentro do stand de Turgalicia, que este ano como novidade adicará á nosa cidade a xornada do sábado, o primeiro día de apertura ao público da feira. Santi Domínguez considera que vai ser "unha oportunidade magnífica para dar a coñecer as potencialidades que ten a nosa cidade para posicionarse no mercado como un dos principais destinos náuticos da fachada atlántica e reforzarse como polo de atracción do turismo urbano". Eses son os obxectivos do Plan de Competitividade Turística que se vai a presentar nun acto que contará coa presencia do director xeral de Turismo, Rubén Lois.
Ao longo da maña desenvolverase unha segunda presentación na que se debullará polo miudo toda a oferta cultural, de natureza e deportiva que ofrece a cidade ao longo do ano, con especial énfase na celebración do Bicentenario da Cidade. Realizaranse tamén entre o público asistente diferentes iniciativas promocionais.
O tenente de alcalde viaxou xa onte a Madrid para manter ao longo destes días encontros con diferentes profesionais do sector que se dan cita en Fitur. A feira reúne ao longo de cinco días a máis de 255.817 profesionais e 8.330 xornalistas especializados.
Santi Domínguez salientou a importancia de aproveitar estos eventos de carácter internacional para proxectar á cidade, especialmente nestes momentos de crise "na que temos que facer os máximos esforzos para que o noso sector hosteleiro e hoteleiro se resinta o menos posible". A este respecto incidiu na idea de que é fundamental traer a Vigo grandes eventos deportivos e culturais que sirvan de polo de atracción para os visitantes.
Mañá viaxará a Madrid unha delegación de representantes do sector turístico da cidade, do éido social, económico, cultural e deportivo, así como membros da corporación municipal, que reforzarán coa súa presencia a presentación que se fará o sábado pola mañá da oferta turística da cidade.