Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Chao

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reurbanización na rúa Chao, entre Esperanza e Méndez Núñez, a realizar pola empresa COVSA, estará pechada ao tráfico a devandita rúa, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 2 de febreiro de 2009 ás 10.00 horas e por un período aproximado de seis semanas.

venres, 30 xan 2009
O acceso e a saída da rúa Chao será pola rúa Alta.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.