"SCRIPTORIUM": obradoiros sobre o mundo medieval e monacal no Verbum

xoves, 8 xan 2009

O museo Verbum – Casa das Palabras proponvos para as mañás dos domingos do mes de xaneiro uns obradoiros didácticos orientados a nenos/as a partir dos 3 anos e como complemento da exposición temporal "Scriptorium Verbumiense" onde se recrea un mosteiro medieval da man duns monxes copistas que dedicaban a súa vida a copiar, iluminar e encadernar libros e códices que foron, son e serán unha das nosas fontes de sabedoría.

Santi Domínguez anima a visitar Puro Arte, que do 15 ao 19 de xaneiro amosará no IFEVI as últimas vangardas

xoves, 8 xan 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez fixo animou este xoves a visitar a feira Puro Arte, que se celebrará no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) do 15 ao 19 de xaneiro. Na presentación do evento, no que se poderán contemplar as últimas vangardas artísticas, ademais do tenente de alcalde tamén participaron a delegada provincial da Consellería de Cultura da Xunta de Galiza, María Xesús López, o concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, Xesus López, o director da Obra Social de Caixanova, Guillermo Brea, e o director do certame, Ignacio Scarpellini.

A exposición O MEDIO É O MUSEO, producida polo MARCO, elixida entre as 10 mellores mostras do ano 2008 en España

venres, 2 xan 2009

A exposición O MEDIO É O MUSEO, producida conxuntamente polo MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, e o Koldo Mitxelena Kulturunea (San Sebastián), acaba de ser seleccionada entre as dez mellores exposicións do ano 2008 en España, segundo o balance que cada ano por estas datas publica a revista EL CULTURAL. O xurado, composto por 10 críticos de arte, destaca que a mostra ‘exploraba, dende un prisma claramente postconceptual, as posibilidades da institución máis aló da súa condición de contedor de obras de arte’.

Medidas de tráfico e seguridade co gallo da Cabalgata de Reis

Santi Domínguez recibe ás SS MM os Reis Magos nunha festa especial para os máis cativos

venres, 2 xan 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, recibíu esta mañá ás SS. MM. os Reis Magos nunha festa infantil que comezou ás 11 horas na Praza do Rei. Tras saudar aos Reis Magos, o tenente de alcalde expresou os seus desexos para este 2009, sobre todo para que as Súas Maxestades "teñan moita consideración coas persoas ás que lles está afectando a crise". Os Reis Magos percorreran o luns 5 de xaneiro, a partir das 18.30h, as rúas Venezuela, Camelias, Alvaro Cunqueiro e praza de América.

Vigolandia inaugúrase o venres "como o gran parque de atraccións do Nadal" e con obradoiros para os maiores

martes, 23 dec 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, explicou este martes que o vindeiro 26 de decembro e a ata o 30 de decembro, no Instituto Feiral de Vigo, abrirá as súas portas Vigolandia "que se consolida xa como o gran parque de atraccións de Nadal". Santi Domínguez presentou hoxe esta iniciativa acompañado polo concelleiro de Cultura, Xesus López, e o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto, e anuncio que por primeira vez Vigolandia vai contar tamén con obradoiros para os maiores.

O Museo de Castrelos acolle ata o 22 de febreiro a mostra "Lugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fyngal"

martes, 23 dec 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, animou a toda a cidadanía a visitar a exposición "Lugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fyngal", que se inaugurou este martes no Museo Municipal Quiñones de León. "Trátase da mostra máis importante que sobre Lugrís se ten feito na cidade", salientou o tenente de alcalde no acto de presentación, no que tamén participaron a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, o director do museo, José Ballesta, e os comisarios da mostra, José M. López Vázquez e Juan Monterroso, do departamento de de Arte da Universidade de Santiago de Compostela.