Vigolandia inaugúrase o venres "como o gran parque de atraccións do Nadal" e con obradoiros para os maiores
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, explicou este martes que o vindeiro 26 de decembro e a ata o 30 de decembro, no Instituto Feiral de Vigo, abrirá as súas portas Vigolandia "que se consolida xa como o gran parque de atraccións de Nadal". Santi Domínguez presentou hoxe esta iniciativa acompañado polo concelleiro de Cultura, Xesus López, e o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto, e anuncio que por primeira vez Vigolandia vai contar tamén con obradoiros para os maiores.
"Vigolandia é unha das actividades clásicas de Nadal e ano a ano queremos darlle un maior pulo", salientou o tenente de alcalde, quen explicou que esta iniciativa se enmarca na programación global que Tenencia de Alcaldía e Concellería de Cultura poñen en marcha nestas datas. Ademais, Santi Domínguez destacou que nesta edición se mantén a tradición benéfica do programa, de xeito que a recadación será repartida entre distintas asociacións benéficas da cidade. Explicou que o día 26 Vigolandia abrirá de 16 a 21 horas, mentres que os días 27, 28, 29 e 30 o horario será de 11 a 21 horas.
No tocante aos prezos, afirmou que son "absolutamente populares", xa que a entrada para os maiores de 14 anos é de 3 euros, para os menores de 14 anos é de 2 euros e para os espectáculos que se celebrarán no salón de actos, unha das novidades desta edición, será de un euro. Outra das novidades que destacou se refire á incorporación de obradoiros para os máis maiores e un espazo para acompañantes dos nenos e as nenas.
Santi Domínguez destacou a alta participación no concurso de debuxos, un total de 1.121 rapaces e rapaces de 16 centros educativos da cidade. "Superamos con creces o número de participantes a convocatoria pasada, na que participaron 753 nenos e nenas", sinalou. O tenente de alcalde salientou que na edición deste ano existía unha "forte motivación", posto que segundo anunciou, "as felicitacións de Nadal que emplee o IFEVI no vindeiro Nadal serán os debuxos dos nenos e nenas gañadores este ano". "Vigolandia consolídase como parque de atraccións do Nadal, con máis de 30.000 persoas participantes na pasada edición", salientou.
O concelleiro de Cultura, pola súa banda, explicou que Vigolandia naceu no 2004 coa "dobre finalidade, por un lado encamiñada ao lecer dende o ámbito da formación, e por outro coa finalidade da colaboración e a solidariedade doando a recadación". Xesus López indicou que os obradoiros estarán divididos en dúas áreas, a adicada aos rapaces e rapazas de 3 a 5 anos e a adicada aos nenos e nenas de 6 a 12 anos. Tamén o edil do BNG salientou diversas novidades, como a ludoteca para os menores de 0 a 3 anos; unha área deportiva, para rapaces ata 14 anos, que inclúe futbolíns, billares ou tenis de mesa; e diversos espectáculos que se celebrarán do 27 ao 30 de decembro no salón de actos.
Descargar todas as imaxes