Escoitar

Inaugurada a humanización do entorno de Povisa

Este martes o alcalde visitou o reformado entorno do centro sanitario para inaugurar de xeito oficial a humanización da parte baixa das rúas Zaragoza, Barcelona, Salamanca e Zamora. O investimento das melloras superou os 1,7 millóns de euros e Abel Caballero xa anunciou que no 2009 se acometerá toda a parte superior do entorno ata a Praza de España.

martes, 23 dec 2008
1230039928povisa.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este martes oficialmente a humanización do entorno de POVISA, que comprende a parte baixa das rúas Zaragoza, Barcelona, Salamanca e Zamora, cunha visita pola zona acompañado dos concelleiros municipais de Vías e Obras, Isaura Abelairas, e de Xestión Municipal, Carlos L. Font.

O custo das reformas superou os 1,7 millóns de euros, e o prazo de execución das mesmas foi de 5 meses. O alcalde agradeceu a "cooperación" dos veciños durante as molestias causadas pola reforma que cualificou de "preciosa", nunha zona "na que viven por enriba de 5.000 persoas", expresou.

Abel Caballero salientou que as calidades empregadas para a humanización do entorno de POVISA son mellores que as do centro da cidade, e adiantou que no 2009 se continuará coa marxe alta da zona, ata Praza de España, cunha inversión que superará, para todo o contorno, os 6 millóns de euros, segundo citou o alcalde.

O rexedor mostrou a súa satisfacción por ter sido capaces de, "en soamente un ano", inaugurar a humanización do entorno de POVISA, o que non podería ser posible sen a "colaboración" da zona.
Descargar todas as imaxes