A exposición O MEDIO É O MUSEO, producida polo MARCO, elixida entre as 10 mellores mostras do ano 2008 en España
A exposición O MEDIO É O MUSEO, producida conxuntamente polo MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, e o Koldo Mitxelena Kulturunea (San Sebastián), acaba de ser seleccionada entre as dez mellores exposicións do ano 2008 en España, segundo o balance que cada ano por estas datas publica a revista EL CULTURAL. O xurado, composto por 10 críticos de arte, destaca que a mostra ‘exploraba, dende un prisma claramente postconceptual, as posibilidades da institución máis aló da súa condición de contedor de obras de arte’.
Por vez terceira, o MARCO aparece entre as institucións destacadas polo plantel de críticos de EL CULTURAL, xa que entre as 10 mellores exposicións do pasado ano 2007 figuraba a exposición conmemorativa do quinto aniversario do museo vigués, TEMPO AO TEMPO/TAKING TIME. No ano 2004 foi a exposición THE LAST PICTURE SHOW a que ocupou un lugar relevante na selección, que anualmente trata de analizar e valorar a oferta expositiva dos espazos artísticos españois.
A exposición O MEDIO É O MUSEO tivo lugar na planta baixa do MARCO entre o 20 xuño e o 21 setembro de 2008. O 23 de outubro inaugurouse no Koldo Mitxelena, onde permanecerá aberta ao público ata o vindeiro domingo, 4 de xaneiro. Tomando como punto de partida os cambios nas funcións do museo, a mostra foi comisariada polos galegos Pedro de Llano Neira e Pablo Fanego, que pretenderon analizar o papel do museo non só como colector ou exhibidor de obras de arte, senón tamén como lugar de acción e experiencia, como ‘medio’. Foi, sen dúbida, un acerto contar coa colaboración dunha das máis salientables institucións do País Vasco, o Koldo Mitxelena, ao permitir que comisarios e creadores galegos mostren as súas investigacións máis aló das nosas fronteiras.
O xurado estivo composto polos seguintes expertos: Javier Hontoria, José Marín-Medina, Mariano Navarro, Abel H. Pozuelo, Víctor del Río, David G. Torres, Jaume Vidal Oliveras, Rocío de la Villa, Elena Vozmediano e David Barro.
Baixo o título "Lo mejor del año", a edición impresa de EL CULTURAL (31 de decembro de 2008) destaca, xunto á mostra O MEDIO É O MUSEO, a exposición ‘La ilustración total. Arte conceptual de Moscú 1960-1990’ (Fundación Juan March, Madrid), ‘¡1914! La vanguardia y la Gran Guerra’ e ‘Miró: tierra’ (Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid); ‘Estratos’ (varias sedes, Murcia), ‘Goya en tiempos de guerra’ (Museo del Prado, Madrid), ‘Colección del Museo Picasso de París’ (MNCARS, Madrid); ‘Kendell Geers. Irrespektiv’ (DA2, Salamanca), ‘Nancy Spero. Disidanzas’ (MACBA/MNCARS, Barcelona/Madrid) e a mostra ‘Lugares comprometidos. Topografía y actualidad’ (Fundación ICO, Madrid).