venres, 2 xaneiro 2009
Medidas de tráfico e seguridade co gallo da Cabalgata de Reis

Santi Domínguez recibe ás SS MM os Reis Magos nunha festa especial para os máis cativos

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, recibíu esta mañá ás SS. MM. os Reis Magos nunha festa infantil que comezou ás 11 horas na Praza do Rei. Tras saudar aos Reis Magos, o tenente de alcalde expresou os seus desexos para este 2009, sobre todo para que as Súas Maxestades "teñan moita consideración coas persoas ás que lles está afectando a crise". Os Reis Magos percorreran o luns 5 de xaneiro, a partir das 18.30h, as rúas Venezuela, Camelias, Alvaro Cunqueiro e praza de América.

A exposición O MEDIO É O MUSEO, producida polo MARCO, elixida entre as 10 mellores mostras do ano 2008 en España

venres, 2 xan 2009

A exposición O MEDIO É O MUSEO, producida conxuntamente polo MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, e o Koldo Mitxelena Kulturunea (San Sebastián), acaba de ser seleccionada entre as dez mellores exposicións do ano 2008 en España, segundo o balance que cada ano por estas datas publica a revista EL CULTURAL. O xurado, composto por 10 críticos de arte, destaca que a mostra ‘exploraba, dende un prisma claramente postconceptual, as posibilidades da institución máis aló da súa condición de contedor de obras de arte’.