A Casa da Xuventude convoca un curso de galego para superar a proba de nivel do Celga 4
A Casa da Xuventude de Vigo, xunto coa Secretaría Xeral de Política lingüística, organiza un curso preparatorio de galego para a superación da proba de nivel do Celga 4. As persoas interesadas en participar nesta iniciativa, de carácter gratuíto e cunha duración de 75 horas, poderán apuntarse na Casa da Xuventude e no Punto Xove ate o día 20 de xaneiro.<br />
A convocatoria do curso ten o obxectivo de facilitar a participación da xente nova na iniciativa, que se realizará se existe mínimo de 25 persoas preinscritas. Para obter a acreditación do nivel de coñecemento, as persoas interesadas terán que realizar as probas correspondentes, que se efectuarán en maio e novembro do 2009, despois da convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia. O curso será gratuíto e terá unha duración de 75 horas lectivas distribuídas en sesións de dúas horas ou dúas horas e media cada día.
As persoas que queiran obter máis información poden dirixirse á Casa da Xuventude (Lopez Mora, 31), no teléfono do Servizo de Orientación ao Estudante e Servizo de Emprego 986 294 806, e ao teléfono do Punto Xove (López de Neira, 27) 986 223 004.