A programación municipal de teatro infantil continúa coa representación de "Un agasallo para Xaquín"

venres, 11 abr 2008

Coa obra "Un agasallo para Xaquín", interpretada pola compañía Os Monicreques de Kukas, continúa o sábado, 12 de abril, a programación estable de teatro para o primeiro semestre de 2008, posta en marcha pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. A representación, que terá lugar no Auditorio Municipal ás 18:00 horas, está dirixida a nenos e nenas a partir dos catro anos.

Performance na Casa das Artes

venres, 11 abr 2008

o pintor Darío Basso, o poeta Carlos Oroza e o saxofonista Gautama del Campo realizarán unha acción de performance na Casa das Artes de Vigo, con motivo de clausura da exposición Algoritmi dixit. O acto terá lugar o sábado día 12 ás 20 horas.

Vigo volve ao circuíto musical internacional cos concertos de Lenny Kravitz, Bob Dylan e The Chemical Brothers

xoves, 10 abr 2008

"A cidade de Vigo está a vivir xa unha nova etapa en tanto que é xa un referente das grandes promotoras de concertos", salientou este xoves o tenente de alcalde, Santi Domínguez, durante a presentación dos concertos deste 2008, entre os que figuran Lenny Kravitz, Bob Dylan,The Chemical Brothers, Roger Hodgson e Rubén Blades. "Grazas ao traballo coordinado entre Tenencia de Alcaldía, Concellería de Cultura e Ifevi iniciamos unha nova dinámica da que me sinto trementadamente satisfeito", asegurou.

Vigo vuelve al circuito musical internacional con los conciertos de Lenny Kravitz, Bob Dylan y The Chemical Brothers

xoves, 10 abr 2008

"La ciudad de Vigo está a vivir ya una nueva etapa en tanto que es ya un referente de las grandes promotoras de conciertos", destacó este jueves el teniente de alcalde, Santi Domínguez, durante la presentación de los conciertos de este 2008, entre los que figuran Lenny Kravitz, Bob Dylan,The Chemical Brothers, Roger Hodgson y Rubén Blades. "Gracias al trabajo coordinado entre Tenencia de Alcaldía, Concejalía de Cultura e Ifevi iniciamos una nueva dinámica de la que me siento trementadamente satisfecho", aseguró.

O ungüentario volta a Vigo e pasa a formar parte da sección de Arqueoloxía do Museo do Mar

luns, 7 abr 2008

O ungüentario palestiniano, atopado nas obras de execución do túnel do Areal, ocupa desde hoxe un espazo na sección de Arqueoloxía do Museo do Mar de Galicia, ubicado en Alcabre. No acto de depósito da peza, que contou coa presenza da conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, o alcalde da cidade, Abel Caballero, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, o director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, e o director do Museo, Pablo Carrera. A conselleira de Cultura e o director xeral de Patrimonio explicaron que o Museo do Mar reúne as características máis axeitadas para a súa correcta conservación e a súa función cultural e científica, por tratarse dunha peza vinculada aos contactos por vía marítima da Galicia antiga.

Presentado en Vigo o libro e dvd "A Volta dos nove. Arte e memoria"

venres, 4 abr 2008

A Casa Galega da Cultura de Vigo acolleu esta mañá a presentación do libro-cd "A Volta dos Nove. Arte e Memoria" impulsado polo Instituto de Estudos Miñoranos e que contou coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Vigo. A publicación lembra aos nove veciños do Val Miñor asasinados o 15 de outubro de 1936, na saída de Baiona cara a Baredo.

Exposición de Xurxo Lobato " Rostros da memoria"

mércores, 2 abr 2008

A Casa das Artes acolle do 3 de abril ao 4 de maio unha exposición de 45 fotografías e a proxecion de dous documentais do fotoxornalista Xurxo Lobato co título "Rostros da memoria". A mostra é unha galería de retratos plantexada como unha homenaxe aos represaliados e victimas da guerra civil e posguerra.<br />