O xoves 23 de abril, Día Internacional do Libro
mércores, 22 abr 2009
O xoves 23 de abril, Día Internacional do Libro, un total de 26 museos e centros de arte contemporánea de España compartirán unha experiencia de bookcrossing ou campaña de liberación de libros, na que "inundarán" as cidades con libros de arte procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas.
luns, 20 abr 2009
A Escola Municipal de Danza organiza o próximo mércores, 22 de abril, o XIII Festival "Os Reencontros" que se celebrará a partir das 20 horas no auditorio do Centro Cultural Caixanova con entrada gratuíta.
xoves, 16 abr 2009
A programación de "Vigo a escena" para o primeiro semestre do 2009 posta en marcha pola Concellería de Cultura comezará esta fin de semana con representacións nas parroquias de Cabral, Bouzas, Navia e Matamá. O sábado, 18 de abril terán lugar dúas actuacións, unha na AVVCD Santa Mariña de Cabral, a cargo de Artello Teatro, e outra no auditorio do ESAD coa compañía Fulano, Mengano e Citano. Xa o domingo, Títeres en Acción actuará na AVV Emilio Crespo de San Paio de Navia e Artello Teatro o fará na SCD Atlántida de Matamá.
martes, 14 abr 2009
Esta semana é a última na que permanecerán abertas ao público no MARCO as exposicións ‘7 +1 Project Rooms’ (na planta baixa) e ‘En calquera lugar, en ningún lugar’' (no primeiro andar). Ambas as dúas exposicións clausúranse o vindeiro domingo 19 de abril.
martes, 14 abr 2009
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este martes que a programación de "Vigo a escena" para o primeiro semestre do 2009 inclúe dúas novidades, como son a estrea de dúas novas obras de teatro e un novo espazo onde levar as representacións, como é Bouzas. Na presentación do programa, na que tamén participou o seu director Xerome Calero, o concelleiro salientou que un dos obxectivos da Concellería de Cultura é a "descentralización da actividade cultural e conseguir que esta chegue a todos os vigueses e viguesas".
venres, 3 abr 2009
Ao longo dos meses de abril e maio o Verbum-Casa das Palabras organiza a actividade "Poéticas para unha vida. Ciclo de poesía oral e experimental" onde o espectador poderá atopar diversas e diferentes intervencións.
Analízase o diseño de barcos, remos, velas e materiais de construción de embarcacións da costa norte galega
xoves, 2 abr 2009
O Museo do Mar de Galicia presenta o venres 3 de abril, ás 20.00 horas , o libro As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro a Ribadeo , obra que xurdiu do traballo realizado para a exposición que leva o mesmo nome e que se exhibiu ata actualidade na nave de exposicións permanente do recinto museístico de Alcabre. No acto estarán presentes os profesores Bernardo Máiz e Enrique Freire, coautores do libro e comisarios da exposición, e o director do museo, Pablo Carrera.
martes, 31 mar 2009
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou hoxe que o ciclo "Un mar de corais", que inclúe 104 concertos ao longo de todo o ano, dará comezo este xoves, 2 de abril, co Festival Coral de Música Sacra. Na presentación da programación, na que tamén participou o presidente da Asociación de Corais de Vigo (Acopovi), Enrique Lorenzo, o concelleiro salientou a importancia deste ciclo, xa que achega a música aos barrios e barroquias de Vigo.

Componse de poemas, esculturas, relatos, pinturas, cómics, contos e imaxes realizados por trina creadores e científicos

A exposición foi presentada o pasado ano no Euroscience Open Forum de Barcelona

venres, 13 mar 2009
O Museo do Mar acolle a partir do venres 13 de marzo, ás 20.00 horas, a exposición "Neuston. Experimento 1. Explorando a interface", onde se propón unha reflexión sobre o mar de Galicia dende un punto de vista científico e artístico. A mostra, coordinada por José Pintado co apoio do Museo do Mar, a consellería de Cultura e o Instituto de Investigacions Mariñas de Vigo (IIM), fai un percorrido polo universo mariño e animal, onde quince científicos e quince artistas chegan a un entendemento entre os seus mundos a través dunha linguaxe común.
Se compone de poemas, esculturas, relatos, pinturas, cómics, cuentos e imágenes realizados por treinta creadores y científicos

La exposición fue presentada el pasado año en el Euroscience Open Forum de Barcelona
venres, 13 mar 2009
El Museo del Mar acoge a partir del viernes 13 de marzo, a las 20.00 horas, la exposición "Neuston. Experimento 1. Explorando la interface", donde se propone una reflexión sobre el mar de Galicia desde un punto de vista científico y artístico. La muestra, coordinada por José Pintado con el apoyo del Museo del Mar, la consejería de Cultura y el Instituto de Investigaciones Marinas de Vigo (IIM), hace un recorrido por el universo marino y animal, donde quince científicos y quince artistas llegan a un entendimiento entre sus mundos a través de un lenguaje común.