mércores, 30 xul 2008
A Casa das Artes acolle dende mañá e ata o 31 de agosto a exposición "De Vigo a Bos Aires, Laxeiro e a pintura galega de posguerra", que mostra como Vigo se converteu no centro da creación plástica galega a partir de 1939 e ata 1951, ano no que Laxeiro viaxa a Bos Aires. Na presentación da mostra, a concelleira de Patrimonio Histórico, a nacionalista Elena Maure, salientou a "gran calidade da exposición" que permite facer un recorrido pola traxectoria pictórica de Galicia nos anos da posguerra.

martes, 29 xul 2008
Unha nova cita coa música máis internacional chegará ao Auditorio de Castrelos mañá a partires das 23 horas. A actuación do polifacético Rubén Blades porá o punto e seguido a un musical mes de xullo cun concerto que foi presentado está mañá polo concelleiro de Cultura, Xesús López, e a responsable da promotora do evento, Raquel Seijo. O artista e actual ministro de Turismo de Panamá tocará algúns dos seus temas coa cantante galega Rosa Cedrón.

luns, 28 xul 2008
O vindeiro sábado dia 9 de Agosto as 22:30 horas tera lugar na Praza de Compostela o XVIII MOSTRA DO TRAXE GALEGO, organizado pola Escola Municipal de Danza e Concellería de Cultura e Animación Sociocultural.

luns, 21 xul 2008
O ex vocalista de Supertramp tocará algúns dos seus temas co gaiteiro vigués Carlos Núñez, a quen lle une unha gran amizade.

xoves, 17 xul 2008
O éxito da mostra "Álvarez Blázquez, arqueólogo de Vigo", instalada no Museo de Castrelos co gallo da súa homenaxe no Día das Letras Galegas 2008, motiva a ampliación da súa exposición ao público ata o 7 de setembro, segundo anunciou este xoves a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure. A edil do BNG explicou hoxe que máis de 2.000 persoas visitaron xa a mostra dende a súa inauguración o pasado mes de maio.

xoves, 17 xul 2008
O evento servirá de edición ponte cara ao Festival Internacional de Clown de Galicia que se instalará definitivamente en Vigo a partires do vindeiro ano

A cidade de Vigo volverá a ser un referente no ámbito cultural e na formación artística grazas á celebración do Mundoclown 2008. Así o anunciou esta maña o concelleiro de Cultura, Xesús López, durante a presentación deste importante evento, na que estivo acompañado por Francisco Rey, da Cooperativa Cultural, e Yolanda Díaz, representante da Obra Social Caixa Galicia.

mércores, 16 xul 2008
Co obxectivo de dotar á cidade de Vigo dunha programación estable de teatro, e das artes escénicas en xeral, a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural iniciará en aproximadamente un mes o proxecto de reforma do Auditorio Municipal, segundo anunciou este mércores o tenente de alcalde, o nacionalista Santi Domínguez. Na presentación do proxecto, no que tamén participou o concelleiro de Cultura, Xesus López precisou que as obras, que contarán cun investimento de 1.385.000 euros, estarán rematadas en sete meses.

venres, 11 xul 2008
Un total de cincuenta obras de pintura de gañadores e finalistas do Premio BMW de Pintura pódense ver na Casa das Artes ata o 10 de agosto.O primeiro galardón outorgouse ao pintor Guillermo Sedano Vivanco

pola obra titulada "Nevada", óleo sobre lenzo, 195x195 cm.
mércores, 9 xul 2008
O xoves, 10 de xullo, ás 21 horas no Museo Verbum proxectarase o telefilme galego "Máis ca irmáns" e ata o 11 de xullo en horario de 10 a 21 horas poderase contemplar unha exposición fotográfica sobre Venezuela.
Poden mercarse en www.servinova.com, no 902 504 500 e na Central de Espectáculos a 10 euros anticipada e 12 o mesmo día
martes, 8 xul 2008
O vindeiro día 22 o grupo Pereza inaugurará o calendario de citas musicais previstas no Auditorio de Castrelos, dentro da programación das Festas de Verán de Vigo elaborado pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. As persoas interesadas xa poden facerse coas entradas para os concertos de Pereza, Roger Hodson e Rubén Blades, que actuarán neste escenario os días 22, 23 e 30 de xullo respectivamente ás 23 horas. As entradas terán un prezo de 10 euros anticipada e 12 euros en taquilla e poden adquirirse en Caixanova, a través da web www.servinova.com e no 902 504 500, ou na Central de Espectáculos.