Escoitar

O Concello de Vigo e a Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais organizan o ciclo de conferencias "Cidades en guerra,1808-1814 Galicia na Guerra da Independencia"

Sete especialistas ilustrarán a dimensión nacional da guerra e a revolución, as xestas militares e os condicionantes estructurais que limitaron o control de Galicia polo exército napoleónico. As conferencias, abertas ao público, celebranse do 7 ao 28 de maio no salón de actos da Casa Galega da Cultura ás 20:00h.

mércores, 6 mai 2009
1241613768programa.jpg
O programa do ciclo de conferencias "Cidades en guerra, 1808-1814. Galicia na Guerra da Independencia", organizado pola a Sociedade Estatal de Conmemoraciones Culturais (SECC) e o Concello de Vigo, con motivo do Bicentenario da Guerra da Independencia, inclúe que sete especialistas ilustrarán a dimensión nacional da guerra e a revolución, as xestas militares e os condicionantes estructurais que limitaron o control de Galicia polo exército napoleónico.

Os relatorios tamén abordarán o conflito ideolóxico no noso país, o desenvolvemento da cartografía militar, a memoria da guerra e a reconquista e a vivencia da guerra polo pobo. As conferencias, abertas ao público, celebranse no salón de actos da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) ás 20:00 hs. Xosé Ramón Barreiro, de Real Academia Galega, pronunciará o vindeiro xoves 7 de maio a primeira conferencia do ciclo, "Guerra e revolución en Galicia: a batalla ideolóxica"

O ciclo de conferencias forma parte dun completo programa de actividades deseñado polo Concello de Vigo e a SECC para recordar o bicentenario da Reconquista de Vigo e da Guerra da Independencia en Galicia e que inclúe, ademais, dúas exposicións, un ciclo de concertos e a versión concerto da ópera de Garay Compendio sucinto da Revolución Española.
Descargar todas as imaxes

Máis información