Escoitar

O alcalde ofrécese a facilitar o inicio en dous meses da oficina do Rexistro Mercantil de Vigo

O Boletín Oficial do Estado ven de publicar este martes a orde pola que, nun prazo non superior a dous meses, a oficina do Rexistro Mercantil en Vigo entrará en funcionamento. O alcalde ofreceu colaboración municipal para a súa posta en marcha e salientou o "compromiso cumprido" do Rexistro e do Xulgado, habilitado antes de finalizar 2009.

martes, 5 mai 2009
1241528574P5220084.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou da publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) deste martes da orde pola que -nun prazo máximo de dous meses desde hoxe- estará instalada e operativa a oficina do Rexistro Mercantil en Vigo. A este respecto, o mandatario local ofreceu cooperación municipal para facilitar a instalación desta dotación na cidade.

Abel Caballero indicou que recoñeceu telefónicamente na mañá deste martes ao Ministro de Xustiza, o galego Francisco Caamaño, o cumprimento do seu compromiso coa cidade, e subliñou que a nova oficina permitirá aos vigueses realizar "todas as operacións" dun Rexistro Mercantil.

O alcade afirmou asemade que o presidente da Cámara de Comercio, José García Costas, lle transmitiu o seu agrado pola publicación no BOE da creación da oficina do Rexistro Mercantil. O rexedor recordou ademais o compromiso do Ministerio de Xustiza, tamén ratificado no Boletín, da ubicación en Vigo dun Xulgado do Mercantil antes de que remate o ano.
Descargar todas as imaxes