luns, 4 maio 2009

120 escolares optarán ás becas de inglés

luns, 4 mai 2009

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns os pregos de contratación das becas de inmersión lingüística en inglés, con 300.000 euros de investimento, das que beneficiaranse este verán 120 escolares vigueses, 20 máis que no 2008. Tras a "experiencia favorable" do pasado ano, o alcalde indicou que Educación repite o programa para estudar o curso en inglés.

Exposición sobre a figura de José Afonso no Verbum

luns, 4 mai 2009

O Verbum inaugura o martes día 5 de maio, unha exposición de fotografía e documentos sobre a figura de José Afonso. A expoción leva por título "Seremos muitos, seremos alguem. José Afonso, a voz da liberdade" poderesase visitar ata o 31 de maio. A mostra complementase con actividades como unha mesa redonda, un recital pético-musical e un concerto homenaxe.

Vigo acolleu a saída da Tall Ships Race con aplausos ás tripulacións dos míticos barcos

luns, 4 mai 2009

A cidade de Vigo volveu a arroupar unha vez máis un evento de importancia internacional. En máis de 400.000 persoas estima a organización as visitas recibidas durante os catro días oficiais, ó Village Alberto Durán.As 11,30 do domingo 3 de maio, soltaba amarras o Kruzensthern, navío da Armada rusa, que durante estes días se convertíu nun dos veleiros máis admirados polos visitantes. A continuación, os franceses Belle Poulo e Etoile, os que seguiron Tecla, Urania, Spirit of Bermuda,e o resto da flota de Tall Ships, para realizar un primeiro tramo ata A Guía, virar dous balizas de paso, que dexiaron polo seu costado de babor, e que estaban situadas nun canal de seguridade fondeado a primera hora da mañá.