Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Renovación das autorizacións da venda ambulante no mercadillo de Samil ano 2009

Con motivo do inicio da época estival e para actualizar as autorizacións de ocupación dos postos de venda ambulante existentes en Samil, infórmaselle ás persoas que tiveron autorización durante o ano 2008 que para a renovación das mesmas deberán presentar a seguinte documentación:

xoves, 30 abr 2009
Orixinal do DNI ou do permiso de residencia
Orixinal do carnet entregado o ano pasado
Vida laboral
Xustificante do empadroamento.(comprobase na oficina de Seguridade)


A documentación deberá presentarse dende a publicación do presente anuncio, ata o 29 de maio no departamento de Mobilidade e Seguridade, sito no sótano 1º da Casa Consistorial, telef.: 986-81-01-21.