Escoitar

O alcalde os comerciantes instarán á Xunta a crear un plan de axuda ao comercio

O alcalde mantivo este luns sendos encontros co presidente da Federación Provincial de Comercio, Antonio Reguera, e coa presidenta da Federación de Comercio de Vigo, Encarna Álvarez, para pasar revisión á situación do sector na cidade. O alcalde mostrou a "cooperación absoluta" do Concello para minimizar as molestias das obras.

luns, 4 mai 2009
1241442409comercio.jpg
O alcalde e os comerciantes acordaron hoxe luns solicitar á Xunta de Galicia a elaboración dun plan de axuda ao comercio, que palíe os efectos da crise no sector. O alcalde, Abel Caballero, informou desta decisión tras entrevistarse co presidente da Federación Provincial de Comercio, Antonio Reguera, e posteriormente coa máxima responsable da Federación de Comercio de Vigo, Encarna Álvarez.

Tanto o Concello como os propios comerciantes, segundo indicou o rexedor, instarán ao organismo autonómico á redacción dun plan que axude ao comercio de Galicia, como marco xeral do apoio ao sector en Vigo. O alcalde indicou que adóptase esta medida despois de constatar cos responsables que "o comercio de Vigo está a sufrir moitísimo a crise económica", incluindo o peche de negocios.

O alcalde mostrou ao sector, en relación coas obras que se están a realizar na cidade, a súa "cooperación absoluta" cos comerciantes para minimizar na medida do posible as molestias e adiantou que se estudarán fórmulas ao efecto. Abel Caballero puntualizou que "a incomodidade do pequeno e mediano comercio chámase crise" e que "unhas 5.000 familias en Vigo" viven grazas ás melloras que está a executar o Concello na cidade.
Descargar todas as imaxes