mércores, 6 maio 2009

Santi Domínguez asegura que as obras van transformar o eixo Paseo de Alfonso-Porta do Sol nun lugar de encontro

mércores, 6 mai 2009

O tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Santi Domínguez, destacou este mércores que as actuacións que se están acometendo no eixo Paseo de Alfonso-Elduayen-Porta do Sol van a "bo ritmo", de xeito que serán rematadas "en prazo". Ademais, durante a visita que realizou ao Paseo de Alfonso xunto ao concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, o tenente de alcalde subliñou que estas actuacións permitirán que este eixo sexa un gran espazo de prioridade peonil no que se dará continuidade á rúa Príncipe.

O ciclo sobre o rural galego organizado por Patrimonio Histórico comeza mañá no Auditorio do Areal

mércores, 6 mai 2009

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou este mércores o ciclo "O fin do rural galego", integrado pola celebración de conferencias, a proxección dun documental e unha mesa redonda, que terá lugar ao longo do mes de maio no Auditorio Municipal do Areal. O programa comeza mañá, ás 19.30 horas, coa conferencia impartida pola profesora de Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Nieves Herrero, baixo o título "As Encrobas: un caso de transformación social en Galicia".

O Concello de Vigo e a Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais organizan o ciclo de conferencias "Cidades en guerra,1808-1814 Galicia na Guerra da Independencia"

mércores, 6 mai 2009

Sete especialistas ilustrarán a dimensión nacional da guerra e a revolución, as xestas militares e os condicionantes estructurais que limitaron o control de Galicia polo exército napoleónico. As conferencias, abertas ao público, celebranse do 7 ao 28 de maio no salón de actos da Casa Galega da Cultura ás 20:00h.