Santi Domínguez asegura que as obras van transformar o eixo Paseo de Alfonso-Porta do Sol nun lugar de encontro
O tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Santi Domínguez, destacou este mércores que as actuacións que se están acometendo no eixo Paseo de Alfonso-Elduayen-Porta do Sol van a "bo ritmo", de xeito que serán rematadas "en prazo". Ademais, durante a visita que realizou ao Paseo de Alfonso xunto ao concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, o tenente de alcalde subliñou que estas actuacións permitirán que este eixo sexa un gran espazo de prioridade peonil no que se dará continuidade á rúa Príncipe.
Santi Domínguez explicou que esta actuación é a máis emblemática das que se están a realizar dentro do Plan de Investimento Local, polo que vai supoñer na transformación da zona nun espazo de encontro. O tenente de alcalde explicou que o conxunto das actuacións, que se están desenvolvendo nunha superficie total de 15.000 metros cadrados, contan cun orzamento de 4.230.321,11 euros e teñen xerado 55 novos postos de traballo. O obxectivo das obras consiste en incrementar a zona peonil ata os 9.979 metros cadrados e impulsar a conectividade entre a zonas baixa e alta do Casco Vello.
Respecto ao Paseo de Alfonso, o tenente de alcalde sinalou que "agora mesmo é algo caótico porque non sabemos se é unha praza ou unha estrada", polo que a actuación que se está levando a cabo vai transformala nunha "praza co tráfico rodado rasante e na que o mirador estará integrado". Deste xeito, recuperará o seu carácter orixinal de paseo e se configurará como un "gran espazo de lecer". No tocante á rúa Elduayen, indicou que na actualidade as beirarrúas "son impracticables", polo que se ampliarán e se reconfigurará o tráfico rodado.
Na Porta do Sol, pola súa banda, Santi Domínguez salientou que se dará continuidade á rúa do Príncipe, de xeito que se pasara do actual 25% de superficie destinada aos peóns ao 75% tras as obras que se están acometendo. "Con estas actuacións a entrada do Casco Vello convertirase nunha gran zona de encontro e a partir de aí será o escenario da animación de toda a zona histórica", subliñou o tenente de alcalde.
Restos da muralla
En resposta ás preguntas dos medios, o nacionalista fixo referenza aos restos da muralla atopados no Paseo de Alfonso. Sinalou que "temos xa o informe arqueolóxico de Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia e está controlada por un arqueólogo a pé de obra". Explicou que o tratamento que se lle dará consiste en primeiro lugar na súa limpeza e impermeabilización, mentres que logo será tapada seguindo os procedementos establecidos para este tipo de restos para que se manteñan en bo estado. Sen embargo, explicou que na actuación en superficie vai quedar constancia clara de que neste lugar hai restos da cimentación da muralla da cidade. "Posteriormente deseñaremos o espazo por onde pasa a muralla e poida ser recoñecido por este resto arqueolóxico", salientou.
Descargar todas as imaxes