O alcalde garante que duplicaranse as árbores e se transplantan as actuais nas rúas a humanizar
O protocolo de actuación do Concello de Vigo asegura que "practicamente a totalidade das árbores das zonas de humanización foron transplantadas", indicou Abel Caballero, pola "especial atención" do goberno local coas mesmas. Así, unha vez humanizadas, as rúas en obras contarán con 2.500 exemplares, polos 1.000 da actualidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, acudiron hoxe mércores ao viveiro municipal, no Monte do Castro, para observar o proceso de recuperación das árbores transplantadas procedentes de rúas en obras de humanización.
O alcalde garantiu que "practicamente a totalidade das árbores das zonas de humanización foron transplantadas", e unicamente non aconteceu esta "norma xeral" cando os exemplares non tiñan posibilidades de supervivencia, como na rúa Zamora, segundo citou Abel Caballero.
As árbores estanse a transplantar ao viveiro municipal, ao Parque de Castrelos e ao nó de Isaac Peral, uns 300 segundo indicou a concelleira, para logo ser devoltos ao seu lugar de orixe ou a outros puntos da cidade. O alcalde explicou que as raíces dos exemplares crecen moito no viveiro polo espazo co que contan, polo que en ocasións exceden o lugar habilitado nas rúas das que proceden e son realoxados nunha nova e axeitada ubicación no termo municipal vigués.
No viveiro do Castro habitan na actualidade árbores procedentes da rúa Urzáiz e do entorno de POVISA, explicou Abel Caballero, quen felicitou aos técnicos municipais polo seu traballo de conservación das árbores e enviou unha mesaxe de tranquilidade a cidadanía ao respecto. O alcalde afirmou que os obxectivos das humanizacións pasan por embelecer a cidade, manter e ampliar o número de árbores e zonas verdes nas rúas e procurar a máxima cifra de aparcamentos posible.
2.500 exemplares
O alcalde salientou na súa visita ao viveiro municipal que, tal e como contemplan os proxectos das obras, as preto de 100 rúas que están a ser melloradas ao longo do 2009 en Vigo multiplicarán o seu número de árbores ao remate da humanizacións.
Na actualidade, estas rúas contan con ao redor de 1.000 exemplares en total, e os proxectos amplian este número ata os 2.500 totais, ademais das xardineiras e máis verde de menos altura. Dada a "especial atención" do goberno local, "o verde e as árbores" son prioritarias na acción municipal, subliñou Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes