Escoitar

O programa "Vigo camiño a camiño" incorpora kaiaks na ruta do mareal e perfis técnicos das etapas na web<br />

O pasado 26 de abril iniciouse o programa "Vigo Camiño a Camiño" da Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo, e finalizadas as tres primeiras rutas cabe destacar, segundo palabras da concelleira Chus Lago, a altísima participación cidadá e gran demanda das mesmas -sobre todo nas visitas ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia-, acadando a cifra de 716 participantes en tan só tres días de actividades.

martes, 5 mai 2009
1241528897chus.jpg
Tras percorrer e analizar os aspectos medio ambientais das novas rutas desta edición, a Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo presenta novidades e melloras do programa.

A ruta Mareal dende a auga
O vindeiro domingo 10 de maio os participantes poderán disfrutar da primeira ruta Mareal, novidade no "Camiño a Camiño", centrada na fauna e flora que habita nos ecosistemas dos espazos comprendidos entre a preamar e a baixamar, dunha gran relevancia medio ambiental.

A ruta comeza na Praia de Arealonga en Chapela, e durante 3,60 Kilómetros sen apenas desnivel, os biólogos e oceanógrafos do programa contarán os pequenos segredos da nosa Ría e o seu entorno, chegando finalmente á Praia da Punta en Teis, onde esperarán kaiaks para poder observar e coñecer as maravillas da nosa costa dende a superficie do mar.

Observación das estrelas
Este fin de semana, varios profesores da Asociación astronómica das Rías Baixas ensinarán aos visitantes as principais estrelas e constelacións mediante o uso de telescopios na acampada de Cíes. A próxima fin de semana do 9 e 10 de maio, os participantes poderán observalas dende as Illas Cíes, actividade que repertirá o 23 de maio nas propias illas, e o 30 de maio e o 6 de xuño dende a cuberta dun barco da Navieira Mar de Ons, especialmente fletado para a ocasión. En todos os casos os aprendices de astrónomos e camiñantes poderán degustar de balde un chocolate quente antes de durmir.

Fichas técnicas
Como novidade, a Concellería diseñou unha ficha técnica de cada ruta en formato descargable dende a páxina web do Concello, co obxectivo de facilitar aos cidadáns información detallada do perfil da ruta, a composición da imaxe en 3 dimensións, a intensidade, as diferencias de desnivel, e unha serie de recomendacións sobre a práctica de actividade física regular, a nutrición e a prevención de hábitos nocivos.

Fotografías
Dende a primeira ruta, un fotógrafo acompaña aos participantes en cada percorrido, e obten instantaneas daquelas situacións máis destacables e dos detalles do entorno. Unha selección destas fotos colganse na páxina web do Concello tras finalizar cada ruta, e permite que todos os cidadáns poidan consultalas descargalas.

A ruta da auga
O próximo domingo 17 de maio, os vigueses terán a oportunidade de percorrer un tramo da recén estreada "Senda da Auga", espazo que hai moitos anos estaba restrinxido para o público e que agora podemos disfrutar grazas ós coidados da Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Redondela. Unha amplia pista de 23 km. percorre a rede que distribuía auga á nosa cidade dende o encoro de Eiras en Fornelos de Montes, e os asistentes do programa poderán disfrutar da primeira parte que une os Concellos de Vigo e Redondela, cunha distancia aproximada de 12 km.
Esta senda de gran valor ecolóxico móstranos dende os terreos de cultivo ata os bosques de diferentes composicións, e permite observar a Ría dende puntos moi diferentes.

Recomendacións]
Tanto o servicio do 010, único punto de inscrición para os percorridos, como as propias fichas técnicas de cada ruta, dispoñen de información sobre a intensidade e dificultade, accesibilidade, roupa e calzado aconsellado. É moi importante que todos os cidadáns teñan en conta estas consideracións para que poidan disfrutar plenamente de cada ruta e do entorno natural que se visita.
Descargar todas as imaxes