martes, 5 maio 2009

Santi Domínguez anuncia o inicio de reunións para traballar coa Plataforma pola Defensa da Ría

martes, 5 mai 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este martes a necesidade de "ter en conta" á Plataforma pola Defensa da Ría á hora de desenvolver actuacións no Porto de Vigo ou respecto ao tráfico marítimo de ría. O concelleiro así o manifestou tras a xuntanza que mantivo con dous representantes desta plataforma, cuxo obxectivo foi "ver a posibilidade de facer un traballo conxunto".

O programa "Vigo camiño a camiño" incorpora kaiaks na ruta do mareal e perfis técnicos das etapas na web<br />

martes, 5 mai 2009

O pasado 26 de abril iniciouse o programa "Vigo Camiño a Camiño" da Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo, e finalizadas as tres primeiras rutas cabe destacar, segundo palabras da concelleira Chus Lago, a altísima participación cidadá e gran demanda das mesmas -sobre todo nas visitas ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia-, acadando a cifra de 716 participantes en tan só tres días de actividades.

O Festival de Jazz Imaxina Sons celebrarase do 25 de xuño ao 5 de xullo centrado no jazz europeo

martes, 5 mai 2009

A quinta edición do Festival de Jazz Imaxina Sons celebrarase do 25 de xuño ao 5 de xullo, segundo anunciou o concelleiro de Cultura, Xesus López, na presentación do certame, na que tamén participou o seu director artístico, Baldo Martínez, e María Pereira, en representación de Caixanova. A programación deste ano representa boa parte da xeración de músicos europeos que foi capaz de facer que o jazz feito en Europa acadase o seu máis alto nivel, como é o caso do contrabaixo checo Miroslav Vitous e a Vienna Art Orchestra.