venres, 8 maio 2009

O alcalde anuncia un incremento das becas para comedores e daranse "tantas coma sexa preciso"

Abel Caballero garantiu que o próximo curso, ante un posible incremento da demanda pola crise, o Concello dotará de "todos os fondos precisos para atender todas as becas" para comedores escolares, "sen límite de cantidade", explicou. O alcalde avanzou asemade que 10 centros precisan da ampliación do seu comedor, polo que solicitará á Xunta de Galicia que acometa as reformas para o próximo curso.

Tenencia de Alcaldía colabora cos colectivos de Teis para recuperar a memoria fotográfica do barrio

venres, 8 mai 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este venres a colaboración que dende a Tenencia de Alcaldía se está mantendo co Centro Cívico de Teis e a Asociación Veciñal para recuperar a súa memoria fotográfica. Segundo anunciou, esta colaboración materializarase na organización de diversas actividades, como a continuación da dixitalización das imaxes, a organización de exposicións, a convocatoria dun concurso e a edición de dous libros coa documentación existente.

O teatro chega esta fin de semana a Bouzas, Oia, Navia, Candeán e Comesaña da man do "Vigo a escena"

venres, 8 mai 2009

As parroquias de Bouzas, Candeán, Oia, Navia e Comesaña poderán disfrutar esta fin de semana da programación teatral "Vigo a escena", organizada pola Concellería de Cultura. O sábado, 9 de maio, as obras correrán a cargo de Artello-Teatro, Sísifo Teatro, Fulano Mengano e Citano, mentres que o domingo, 10 de maio, actuarán Teatro Avento e Títeres en Acción.