A e-Trad (Escola Municipal de Música Tradicional e Folk) inaugura o I Ciclo"As Músicas Inmigradas<br />
No mes de Maio celebrarase a posta en marcha do primeiro ciclo "Músicas Inmigradas", que consisten en tres sesións de convivencia, aprendizaxe e posta en común de experiencias sobre música de tradición oral das comunidades culturais de outras nacionalidades presentes na sociedade viguesa. Música, danza e gastronomía serán os eixos principais destas sesións nas que participaran invitados da procedentes da India, Brasil e Polonia.
Esta primeira edición do ciclo pretende contribuír á necesaria integración das culturas da inmigración a través da música, fomentando o intercambio cultural e a convivencia no marco das músicas de tradición oral das diferentes comunidades presentes na sociedade viguesa. Do mesmo xeito, para o alumnado da e-Trad e afeccionados ao folk e á world music, representa unha fonte de enriquecemento e a ampliación de experiencias no campo educativo.
Renato Spencer, brasileiro, experto en música nordestina, Vikas Triparti, percusionista hindú, e Piotr Lublin, violinista polaco, levarán ás aulas da e-Trad os acentos das músicas do mundo. Os actos pretenden a integración dos asistentes en cantos e danzas, o intercambio de experiencias musicais e mesmo gastronómicas nun ambiente de convivencia na diversidade cultural.
Programación
-Venres 8 de maio de 2009:
"A Música de Recife"
Renato Spencer
Experto en música Nordestina do Brasil
-Venres 15 de maio de 2009:
"A Tabla hindú"
Vikas Triparti
Tablista de Benarés
-Venres 22 de maio:
"Músicas Balcánicas"
Piotr Lublin
Violinista polaco
Descargar todas as imaxes