Escoitar

O alcalde e o presidente da Axencia de Seguridade Alimentaria acordan trasladar o laboratorio de biotoxinas mariñas á Cidade do Mar

Abel Caballero e Roberto Sabrido mostráronse de acordo no traslado do Laboratorio ao espazo reservado ao efecto na Cidade do Mar e "máis pronto que tarde" poderán reubicar a sede, "con todos os medios, con investigadores e relacionado coa Universidade", explicou o alcalde. O laboratorio, "de rango europeo", establece metodoloxías das investigacións de toxinas dos moluscos.

xoves, 7 mai 2009
1241709543seguridad.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición, Roberto Sabrido, entrevistáronse este xoves e mostraron o seu acordo en trasladar o Laboratorio de Biotoxinas Mariñas da súa instalación actual no Porto de Vigo á futura Cidade do Mar.

O alcalde adiantou ademais que este laboratorio -"de rango europeo e gran relevancia"- contactará coa Universidade de Vigo para ampliar a investigación e facer do mesmo "un proxecto de rango europeo ubicado en Vigo, de referencia e con todos os medios, os investigadores e relacionado coa Universidade".

Segundo explicou o propio Abel Caballero despois do encontro, este Laboratorio, dependente da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición, establece as metodoloxías das investigacións de toxinas de todos os moluscos.
Descargar todas as imaxes