O alcalde salienta que as humanizacións no barrio supon "unha nova forma de entender Bouzas"
Abel Caballero, acompañado por varios dos seus concelleiros, visitaron hoxe xoves os traballos de humanización do entorno do mercado de Bouzas, que rematarán o vindeiro mes, onde comprobou que "os veciños están moi satisfeitos" coas melloras realizadas e en execución. Se mellorará a entrada ao mercado e acordouse o pintado da fachada. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu hoxe xoves acompañado por varios concelleiros municipais a comprobar o estado de execución das obras do entorno do mercado de Bouzas, e salientou que as melloras xa realizadas e as que están en execución supón "unha nova forma de entender Bouzas".
A humanización do entorno do mercado estará realizada nun 80%, co que nun mes, segundo explicou o alcalde, estará rematada. Os traballos contan con preto de 300.000 euros de orzamento.
O alcalde salientou que Bouzas era unha "zona moi deteriorada" da cidade, e os "veciños están moi satisfeitos" tanto coas melloras xa rematadas como coas que están en execución. Abel Caballero explicou asemade que se reforma a entrada ao mercado e que acordouse pintar a fachada do mesmo.
Abel Caballero afirmou que as humanizacións e melloras no barrio son "unha débeda da cidade con Bouzas" e adiantou que "dentro de pouco" se iniciarán as obras do novo Centro de Saude do barrio.
Descargar todas as imaxes