Tenencia de Alcaldía colabora cos colectivos de Teis para recuperar a memoria fotográfica do barrio
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este venres a colaboración que dende a Tenencia de Alcaldía se está mantendo co Centro Cívico de Teis e a Asociación Veciñal para recuperar a súa memoria fotográfica. Segundo anunciou, esta colaboración materializarase na organización de diversas actividades, como a continuación da dixitalización das imaxes, a organización de exposicións, a convocatoria dun concurso e a edición de dous libros coa documentación existente.
Na rolda de prensa de presentación do proxecto, na que tamén participou o director do Centro Cívico de Teis, Avelino Quirós, o tenente de alcalde lembrou que dende este colectivo se planteou dende hai tempo "a posibilidade de colaborar coa Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura para recuperar un legado moi importante do barrio de Teis e a súa memoria". Neste sentido subliñou a importancia de involucrar a todo o barrio e de "ofertar á cidadanía de ter a súa disposición mecanismos para recuperar a memoria".
Un dos aspectos que salientou Santi Domínguez consiste en que a creación do arquivo se poderá "enriquecer coas aportacións dos veciños e veciñas de Teis", desenvolvendo así un "proceso participativo". "Isto queremos que sexa o xerme do que se poda facer noutros barrios da cidade", apuntou. Ademais, o tenente de alcalde sinalou que dende que o BNG tomou posesión "veño dicindo que queremos recuperar a autoestima da nosa cidade e esta iniciativa vai nesta liña".
En segundo lugar, salientou que outro aspecto importante desta iniciativa é que esta entidade "doará esta colección ao Concello de Vigo en formato dixital", polo que expresou os seus agradecementos ao Centro Cívico de Teis e a Asociación Veciñal "que tiveran a ben traballar con nós neste proxecto". O director do Centro Cívico, pola súa banda, agradeceu a colaboración e o interese amosado por Santi Domínguez "dende o primeiro momento, antes incluso da súa chegada ao goberno"
Avelino Quirós explicou que a Asociación de Veciños de Teis xa ten dixitalizadas arredor de 10.000 fotografías, moitas delas da ETEA. O proxecto inclúe a convocatoria dun concurso fotográfico dirixido aos nenos e nenas, para completar o arquivo, no que se repartirán premios á mellor fotografía, á imaxe máis antiga e a quen aporte o maior número de fotos. "Queremos animar aos rapaces e rapazas que se preocupen por buscar fotos de barrio que o poidan identificar e para que non se perdan", sinalou.
O conxunto da documentación fotográfica servirá para elaborar dous libros, un sobre as imaxes da ETEA, e outro con fotografías antigas do barrio. Asemade, organizarase unha exposición coas fotos xa dispoñibles e outra baseada nas imaxes recompiladas co concurso. "A creación do arquivo é importante para que calquera veciño ou veciña de Teis poda consultar as fotografías, observar e entender o barrio daquela e como ten evolucionado ata hoxe", destacou o director do Centro Cívico.
Descargar todas as imaxes