O teatro chega esta fin de semana a Bouzas, Oia, Navia, Candeán e Comesaña da man do "Vigo a escena"
As parroquias de Bouzas, Candeán, Oia, Navia e Comesaña poderán disfrutar esta fin de semana da programación teatral "Vigo a escena", organizada pola Concellería de Cultura. O sábado, 9 de maio, as obras correrán a cargo de Artello-Teatro, Sísifo Teatro, Fulano Mengano e Citano, mentres que o domingo, 10 de maio, actuarán Teatro Avento e Títeres en Acción.
A programación do sábado comeza coa representación de "Polgariño e CIA" no Auditorio do ESAD en Bouzas ás 19 horas. Nela, Artello-Teatro interpreta unha obra dirixida a un público familiar baixo a dirección de Manuel Pombal. Trátase da actualización dunha das historias de Perrault que, neste caso, a intelixencia, xenerosidade e audacia do protagonista permite librar aos seus dos inimigos máis terribles. A seguinte representación do sábado será ás 20 horas nas instalacións do CC San Miguel de Oia. Neste escenario Sísifo Teatro interpretará "Parella Aberta", obra na que os actores Rafa Costas e Marisa Prado dan vida a unha parella na que a monogamia queda entre dito. A tercera obra do sábado, "Arte", será interpretada por Fulano, Mengano e Citano ás 20.30 horas na AVV "Emilio Crespo" San Paio de Navia. Baixo a dirección de Celso Parada, os actores Manuel Botana, Manuel Pombal e Suso Pando interepretan a tres amigos que poñen en perigo a súa relación a causa das súas dispares opinións sobre o arte.
O domingo, 10 de maio, a primeira obra do "Vigo a escena" será ás 18 horas no SCRD "Nautilus" de San Andrés de Comesaña, onde Títeres en Ación interepretará "Trastos vellos". Dirixida a un público familiar, a historia céntrase nas aventuras de Choliño, Maripili, Marti e Ficus, quenes unen as súas forzas para evitar que os humanos limpen o vello fallado no que conviven. Cun guión intemporal e cancións propias, a obra está chea de gags intemporais na procura do sorriso di espectador. A segunda representación serás ás 19 horas na UVCD de Candeán. Nestas instalacións, Teatro Avento interepretará "A insólita historia de Jimmy Pelostristes", sobre historia dun xornalista do diario local Towcity news que se ve envolto en acontecementos extraordinarios, como roubos misteriosos, asasinatos estranos e perigosos mafiosos ao ritmo da música dos anos trinta.