Escoitar

Abel Caballero rubrica coa FOANPA o convenio para actividades extraescolares e a xestión dos comedores

O alcalde e a Federación Olívica de Asociación de Nais e Pais De Alumnos e Alumnas de Vigo rubricaron hoxe venres un convenio para a organización de actividades extraescolares e a xestión das subvencións municipais para os comedores escolares. O acordo de colaboración está dotado con 226.000 euros.

venres, 8 mai 2009
1241786665convenio.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, rubricou este venres coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas de Vigo (FOANPA) o convenio para a realización das súas actividades, programación extraescolar e xestión das subvencións municipais para os comedores escolares.

O acordo de colaboración, asinado hoxe venres no Concello de Vigo, está dotado con 226.000 e significa que a FOANPA debe afrontar as tarefas de funcionamento, coordenación e xestión dos programas propios da Federación; desenvolver actividades formativas para nais e pais, na liña das actividades clásicas das Escolas de Pais e Nais;e organizar e regular a realización de actividades extraescolares das ANPA de ensino infantil e primario federadas na FOANPA.

Ademais, a Federación ten que acreditar e xustificar as actividades realizadas mediante a certificación e documentación correspondente ante a Concellería de Educación do Concello de Vigo, que servirán de base a éste para tramitar os pagos e promover e xestionar os comedores escolares e presentar a xustificación dos gastos habidos ante o Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes